Estudio histórico, documental e historiográfico sobre o Reino de Galicia.
Publicación
Vigo, Ed. Xerais.
Perspectiva historiográfica
Historia política e historiografía.
Fontes
.Bibliográficas e documentais
Concepción do Reino de Galicia
“A actual desmemoria social dunha parte importante do noso pasado colectivo, como a deste caso que nos ocupa, explícase en parte polo contexto historiográfico, mais tamén político e social, imperante no país após da norte de Franco” (p. 7) (Limiar de Isidro Dubert)
“Nas páxinas que seguen propoñémonos segur os pasos que progresivamente foron conducindo ata a marxinación da historia medieval de Galicia” (p. 13)
“A historia de Galicia foi condenada, de maneira máis ou menos premeditada e expresa, ao ostracismo; cando menos moitos dos seus fragmentos, fracturándose importantes elos do seu devir, algo incompatible coa necesaria visión de conxunto, pois precisamente a Historia consiste na evolución continua dunha secuencia ininterrompida, cuxos episodios remiten sempre aos anteriores” (p. 20).
“Galicia tardou en contar con especialistas interesados na investigación das nosas fontes medievais e a súa integración nunha historia total” (p. 39)
“En 1996 Camilo Nogueira publica senllos artigos na revista A Trabe de Ouro (…) ampliados posteriormente no libro A memoria da nación (2001), onde se denunciaba a perda da memoria histórica, concretamente a desaparición históriográfica dun reino de Galicia que afloraba documentalemnte por todas partes” (p. 40).
“A riqueza, relativa, claro está, de fontes escritas con que conta a Galicia do século V non é algo estraño nin casual. Insírese sen interrupción na fértil producción cultural dun período aberto no século precedente que Eduardo López Pereira definiu como o primeiro espertar cultural de Galicia” (p. 42).
“O período de formación e consolidación do primerio reino galego, o primeiro reino posromano occidental, en época sueva, queda así satisfactoriamente iluminado desde os momentos previos ao seu nacemento ata varios anos despois da crise en que se precipita ras a derrota do Órbigo” (p. 43).
“Tras a morte de Afonso III no ano 910 verifícase un reparto “xa” acordado en vida do rei dos territorios nos que este gobernara entre os seus tres fillos varóns. Deste xeito, Froilán II recibe Asturias, García, que era o primoxénito, obtén León, e Galicia irá parar ás mans de Ordoño II” (p. 69).
“Non é, con todo, o único documento no que Sancho aparece intitulado como rei de Galicia” (p. 72).
“Temos que agardar máis dun século para volver atoparnos cun rei de Galicia e cun reino de Galicia en toda a súa extensión. Este período, que vai de 929 a 1065, é, polo contrario un no que o peso específico de Galicia no conxunto de León non deixa de ir crecendo” (p. 74).
“O que sí se percibe na documentación galega é que o estado está conceptualmente dividido en tres grandes áreas: Galicia, a terra de Foris, máis Asturias” (p. 78).
“García reinou entre 1065 e 1071. Malia a terxiversación da súa figura, da que falaremos decontado, o seu reinado foi equiparable ao dos seus irmáns” (p. 81).
“Os anos que abranguen os reinados de Alfonso VI, Urraca e os primeiros de Afonso VII, teñen en Galicia un gran protagonista que, dun ou doutro xeito, pode ser considerado como o fío condutor de boa parte das políticas destes anos” (p. 91).
“En canto os documentos relativos a Alfonso VIII: “tanto nos selos como nas subscricións aparecerá maioritariamente como rei de León e Galicia, sempre nesta orde. As veces, mesmo, será identificado so como rei de León, aínda que, como vimos de dicir, o maior número de citas están conformadas polo binomio León-Galicia” (p. 99).
“Nin Fernando II nin Afonso VIII entenderon ser reis de León-Galicia. Isto non contradí o feito amplamente contrastado de que a pegada de Galicia no conxunto do reino era determinante” (p. 99).
“Como sinalabamos, a referencia a Galicia nestas fontes documentais non esquece a dimensión política, xa que logo en moitas ocasións fálase do Reino de Galicia” (p. 111).
“A memoria histórica de Galicia foise perdendo en sincronía coa sucesión de etapas de constante debilitamento da conciencia nacional (…) Algo que, de forma sintética, poderíamos balizar adoptando como referentes, en primerio lugar a crise política do século XIV, na que quedou anulada a gran nobreza condal encabezada pola casa dos Castro” (p. 153).
“Todo isto, que supuxo a desaparición historiográfica do reino medieval de Galicia e a súa substitución por Asturias-León, compréndese mellor co auxilio dalgúns estudios críticos acerca da constitución da actual historiografía española” (p. 165).
“E evidente que un tratamento coherente e autónomo da historia de Galicia implicaba, xa no mesmo século XIX, a introdución dunha proposta alternativa con múltiples elementos imposibles de asimilar no esquema da historia de España” (p. 175).