O Proxecto

Sobre este proxecto

Este proxecto ten como obxectivo principal o estudo do Reino Medieval de Galicia nas historias de Galicia escritas desde o século XVII ata a historia inmediata. Para desenvolver este obxectivo partimos dun corpus de historias xerais de Galicia e  historias da Galicia medieval. Nestas obras identificamos que Reino medieval de Galicia foise reflectindo ao longo dos séculos.

Dividimos a historia da escritura do Reino Medieval de Galicia en catro etapas: a) a etapa do Renacemento e a Ilustración (séculos XVI-XVIII); b) a etapa da institucionalización da Historia (século XIX); c) a etapa que vai dende a Restauración ata o fin da dictadura franquista; e d) a etapa dende a Transición ata os nosos días.

En todas as épocas recollemos e analizamos algunhas cuestión relativas ao autor, as fontes, a metodoloxía ou os diferentes elementos que configuran o Reino Medieval de Galicia. 

Equipo Científico

Fixeron a investigación

Israel Sanmartín -coordinador-.

Iago Ferrás

Pablo Fernández

Roque Sampedro

Brenda Rodríguez

USC-Logo

Coordinación de contidos e desenvolvemento web