Historia diacrónica do Reino de Galicia que comprende dende o comezo da creación divina do Mundo e a colonización da Península Ibérica por Túbal ata a década de 1640,
anos nos que se remata a escritura do texto. O único manuscrito conservado atópase na biblioteca privada da familia de Xosé Ramón Barreiro Fernández. Está organizado en descriciones:
a) A primeria descrición comenza cunha explicación sobre a orixe do mundo e a poboación da Península Ibérica (pp. 1-28).
b) A segunda descrición analiza como Camero Gallo, tamén neto de Noé, pobou e deu nome a Galicia, outorgando unha orixe á poboación galega diferenta á do resto de España (pp. 28-57).
c) A terceira descrición describe os ríos e as cousas notables de Galicia (pp. 57-69), a descrición do río Miño (pp. 69-87) e os reis que gobernaron España dende os suevos e os visigodos ata Felipe IV (pp. 87-102).
d) A cuarta descrición trata sobre a predicación do apóstolo Santiago o Maior no Reino e das súas armas (pp. 102-119). Tamén expón unha memoria dos servizos de Galicia a Felipe IV con motivo da guerra con Portugal (pp. 119-125), sobre o apóstolo Santiago, a súa xenealoxía, a súa predicación en Galicia e Iria Flavia, o seu martirio, o traslado do seu corpo dende Xerusalén e o seu descubrimento en Compostela (pp. 126-188).
e) Despois, o contido do manuscito cambia e presenta descricións dedicadas ás cidades, vilas e santuarios máis importantes das provincias do Reino, analizando a historia da súa fundación e das liñaxes orixinarias. Comeza pola descrición da cidade de Santiago de Compostela e remata coa de Pobra de Burón (pp. 190-1118).
Autor
Os irmáns Juan Fernández de Boán Temes y Araujo (1589-1639) e Pedro Fernández de Boán y Landecho (1592-ca.1650) eran fillos de Pedro Fernández de Boán, escribano da xurisdicción de Melías en Ourense, e mordomo das rentas do Condado de Lemos. Juan Fernández de Boán foi clérigo de San Andrés de Castro e Beiro e de San Martiño de Vilarrubín, bo coñecedor dos arquivos galegos e experto falsificador de documentos.
Pedro Fernández de Boán estudou Gramática no Colexio da Compañía de Monforte e graduouse en Teoloxía. Non obstante, en 1616 casou coa súa prima Josefa de Boán y Landecho, filla de Juan Fernández de Boán, oidor da Audiencia de Lima e membro do Consello de Indias, polo que obtivo a rica propiedade de Cacabelos en Amoeiro. Dende ese momento, dedicou os seus esforzos a agrandar o patrimonio familiar e a ennobrecerse co apoio dos Condes de Lemos. En 1641 acadou, presentando documentación falsa, o hábito da Orde de Santiago e ocupou cargos de rexidor perpetuo na cidade de Ourense. Ao final da súa vida, foi diputado da susodita cidade e da prouincia auriense nas Xuntas do Reino entre maio e xullo de 1650.
Típo de Historia del Reino de Galicia
Historia general de Galicia.
Fontes bibliográficas
Para máis información, consultar Miguel Taín Guzmán, La ciudad de Santiago de Compostela: según los hermanos Juan y Pedro Fernández de Boán (ca. 1633-1656), Santiago de Compostela, Teófilo Edicións, 2019.
Fontes
Juan Pérez de Pineda, Gregorio de Lobariñas, Méndez de Silva, Ambrosio de Morales, Juan de Molina, Juan García Gallego, fray Prudencio de Sandoval, Mauro Castellá Ferrer o fray Antonio de Yepes, entre outros.
Perspectiva historiográfica
Historiografía barroca.