Un dos primeiros compendios sobre Galicia

A mediados do século XVI, Bartolomé Sagrario de Molina compuxo unha panorámica do Reyno de Galizia con todas as cousas salientables que destacaban nel.
Por Orestes Peak

A mediados do século XVI, Bartolomé Sagrario de Molina compuxo unha panorámica do Reyno de Galizia con todas as cousas salientables que destacaban nel. A obra deste licenciado malagueño era ambiciosa porque tiña como propósito resumir a historia e a xeografía dun reino aínda que fose mesturando en algúns puntos o real e o fabuloso. No traballo de quen acabou asentado en Mondoñedo como responsable do arquivo había vocación de completar e dividiu o retrato en cinco sección na que a primeira era relixiosa, “De los cuerpos santos que aquí se hallan” e as outras catro teñen carácter xeográfico e político. “De las cosas notables que hay en este Reyno” é a segunda sección, á que seguen dúas que, quizais, querían desde o ennumeramento, adiantarse ao labor que había facer Domingo Fontán tres séculos despois: “De todos los puertos y costa de mar” e “De todos los Ríos, y pueblos, por do pasan” son a terceira e cuarta sección da descrición de Galicia na altura dos anos 1550. O último dos apartados é un listado das casas nobiliarias de Galicia con indicacións de procedencia e da importancia que estas tiñan no conxunto da nobreza da Península: De los linajes, y solares, y armas, y blasones, de donde proceden muchas señaladas casas en España”.

A Galicia da metade do XVI ten algo en común coa presente, tal como recolle o tamén coñecido como Licenciado Juan de Molina, ter máis costa e portos que o resto dos reinos da Península: “decir y afirmar que en todos los reynos/ de nuestro monarca estre entre todos/ mas puertos abarca como de presto/ […] No creo que terne contradición en esto que aquí digo pues vno delos reynos que en España tiene mas puertos y mayor costa de mar es este de Galiçia”.

Na xeografía, Molina vai sinalando unha combinación de edificios eclesiásticos e fortalezas militares. A catedral de Santiago ou a de Tui, pero tamén ten en conta o mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil, o conxunto urbano de Allariz e as desaparecidas Torres de Oeste situadas no actual Concello de Catoira, cunha descrición de uso e funcionamento: “vnas cinco o seys torres juntas que estan cerca de vna ira par dela mar. Auia alli vna muy gruessa cadena que atrevessaua toda aquella ira y guardaua el passo: de suerte que no se podia atrauessar ni passar a otra parte aun que grandes fuerças et artificios se hiçiessen: la qual agora esta quitada”.

Para o licenciado, Galicia contaba con excelentes mineiros de oro e prata, recollendo este particular de autores anteriores a el, autores dos que vai tomando referencias ao xentilicio dos galegos e desde este á orixe do pobo: “Los galaicos fueron d’los primeros pobladores de España que vinieron de Francia y corruto el vocablo se llamaron galos de cuya alcuña han quedado pocos destos fue vn notable varon que fue obispo de coria que llamaron don Martin Galos de quien se hace mencion en la crónica del rey don Juan el segundo en el capítulo ccxxi”. Bartolomé Sagrario de Molina chegou a Galicia como axudante do Fiscal da Real Audiencia e neste compendio recolle algúns feitos que considera históricos e que teñen que ver co carácter independente e belicoso dos galegos, un carácter que recollen moitos autores posteriores a Molina: “en este reyno se leuanto la gran hermandad de todo el común, no consintiendo ser mandados ni regidos por otro sino por si mismos y para mejor effetuar esto se juntaron a derribar las mas fortaleças que pudieron, avn que algunas estan ya en pie, […] y destos algunos estan mejor redificados que de antes y parte dellos a costa delos hermandinos”.