A ambigüidade dun Reino que é pero non está, e que non ten unha sé nin unha xenealoxía galega, pesa moito na historia posterior de Galicia. Así o asegura o historiador o catedrático de Historia Contemporánea Ramón Villares sen deixar de lembrarnos que foi nesa etapa do medioevo cando Galicia construiu os alicerces do patrimonio que hoxe consideramos a expresión mesma do país.
Villares lembra que a Galicia da época medieval non era periferia, senón centro. Feitos como o Camiño de Santiago, a aparición das primeiras cidades litorais, de Baiona a Mondoñedo, e a influencias do poder das ordes relixiosas, contribuíran a unha forte organización do territorio. Logo da escisión do reino de Portugal no século XII, Galicia quedou illada entre fortes correntes de expansión cara o sur desde León, Castela e todo o área peninsular.
O investigador e divulgador da historia galega desde a perspectiva da moderna historiografía destaca a importante renovación do coñecemento da Idade Media incorporado polas novas xeracións de historiadores galegos. E indica que a os capítulos alto medievais da súa “Historia de Galicia” teñen aproveitado moito eses estudos.
Entre os historiadores destaca o papel de Viceto polo súa construción simbólica de Galicia ou López Ferreiro que marca un antes e un despois na historiografía. Pero considera que a escola de García de Cortázar e os seus discípulos Ermelindo Portela, Carme Pallares ou López Alsina poñen ao historiador cara a cara cos datos ao través dos documentos. Destaca tamén as indagacións de Tavani sobre os aspectos literarios, igual que bota en falta unha mirada exterior sobre a historia xeral galega dos investigadores estranxeiros, como foi o caso para Cataluña e outras zonas de España.
Villares chega a afirmar o seu interese polo historiador portugués José Matosso porque explica Portugal, pero no fondo está explicando o Non-Portugal, a Galicia-que-non-foi.