O reino medieval de Galicia

2005

Anselmo López Carreira

“Non temos o mínimo reparo en responder que foi o primeiro reino de Europa, fundado cando aínda o Imperio Romano existía, e que oficialmente seguiu tendo esa rexia denominación ata finais do ano 1833”

O libro explica a evolución do Reino de Galicia dunha forma detallada e razonada. Comeza no Reino suevo no século V e termina no século XV.

“Mais o medievalismo galego, en concreto, é vítima dunha manipulación a maiores, de proporcións colosais: a resultas dela o reino medieval de Galicia fica proscrito.

Deterémonos máis adiante nos motivos e no proceso desta aberración historiográfica, convertida en punto de partida (insostible, mais non discutido) do medievalismo español” (p. 2).

“As circunstancias en que se foi construíndo o Estado liberal español (desde principios do s. XIX ata hoxe) dispuxeron a interpretación castellanista de España (…) dous conceptos convertéronse en pedra angular dese medievalismo: os de Reconquista e repoboación” (p. 12).

“Consecuencia disto foi a supeditación da Historia de Galicia (fiel reflexo do que acontece nos demais terros) a un esquema no que só cabe de maneira forzada, ou -cando non- marxinada ata o extremo de desaparecer con nome propio” (p. 12).

“A simple delimitación do territorio histórico chamado Reino de Galicia constitue unha premisa insoslaibale para a compresión cabal da nosa Historia. Trátase nada menos que de establecer o espacio xeo-político da nación, ou sexa, o marco por excelencia da dialéctica histórica, libre das ataduras e deformacións impostas por esquemas preconcibidos (p. 16).

“O suxeito deste libro é o Reino (medieval) de Galicia. Por iso o presentamos globalmente, cohesionado como unha entidade continua dende o século V ata o XV. E limitámonos ao estudo da dimensión política, naturalmente coas inevitables concesión a outros aspectos da realidade histórica que axuden a explicar aquela” (p.16).

“Non temos o mínimo reparo en responder que foi o primeiro reino de Europa, fundado cando aínda o Imperio Romano existía, e que oficialmente seguiu tendo esa rexia denominación ata finais do ano 1833 (desde finais do S. XV baixo esa denominación de reino se encerra xa únicamente unha mera circunscrición administrativa da Monarquía Hispana)”. (p. 16).

Licenciado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela en 1976. Doutorado en Historia na mesma Universidade en 1994. Catedrático de Historia no IES María Soliño de Cangas de Morrazo, logo de ter traballado en Celanova, Verín, Santiago, Barcelona e Hannover.

Así mesmo, Profesor-Titor na UNED, no Centro Asociado de Ourense, e Doutor Vinculado no Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.

A súa investigación céntrase na historia medieval de Galicia, centrada nos seguintes aspectos: movementos sociais baixomedievais, mundo urbano, edición de fontes documentais, Reino de Galicia.

Ten unha gran cantidade de artigos publicados en diferentes revistas (Grial, Boletín Auriense, Brigantium, Murguía…) e ponencias en libros colectivos, así como colaboracións no diario La Región, no semanario A Nosa Terra e noutros medios.

Algunhas obras:

A revolución irmandiña (1987), Ourense, Galiza editora.

Os irmandiños: textos, documentos e bibliografía (1991), A Nosa Terra.

Ourense no século XV: economía e sociedade urbana no Baixa Idade Media (1991), Vigo, Xerais.

Martiño de Dumio: a creación dun reino (1996), Vigo, Edicións do Cumio.

O Reino de Galiza (1998), A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas S.A.

A cidade medieval galega (1999), A Nosa Terra.

Os reis de Galicia (2003), A Nosa Terra.

O reino medieval de Galicia (2005), A Nosa Terra.

Libro De Protocolos De Xoán García, Notario De Ourense. Ano 1490 (2007), CSIC, Madrid.

Ourense monumental (2008), A Nosa Terra.

Historia de Galicia (2013), Xerais.

Arte e escritura na Galicia medieval. Séculos VI-X (2019). Xerais.

Con Xosé Miguel Andrade Cernadas, O Reino medieval de Galicia: Crónica dunha desmemoria (2020), Xerais.

Máis información:

https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/anselmo-lopez-carreira

https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=522988

Vigo, Edicións A Nosa Terra.

Nueva histórica política.

Historiografías e documentais.

“A historiografía contemporánea lembra o Reino suevo, pero por regra xeral faino de pasada e case sempre de maneira sesgada”(p. 20).

”A historiografía moderna tomou os testemuños de Idacio ao pé da letra, desprezando en cambio as valoracións ben máis optimistas” (p. 21)

“Obras representativas, moi puntillosas á hora de historiar o mundo visigodo, despachan aos suevos coa mesma sarta de tópicos” (p. 22).

“En contraposición con esta belixarancia antisueva da historiografía española subxace a paralela exaltación do visigodo” (p. 23).

“Recorreuse a presentar o Reino suevo como apéndice artificiosamente encaixado na historia do visigodo, o verdadeiramente español” (p. 25).

“Elementos recoñecidos da cultura sueva adscríbense impunemente aos visigodos” (p. 26).

“Un subterfuxio moi común vai ser o de chamarlle sistematicamente Gallaecia nos mesmos contextos en que en cambio se emprega paralelamente España e non Hispania” (p. 26).

“A idea comúnmente aceptada é a de que se trataba de moi pouca xente, sobre todo en  comparación cos visigodos (que por outra parte tamén se ignora cantos podían ser). Tense dado -por dar algo- a cifra aproximada de trinta ou trinta e cinco mil persoas (entre eles, oito ou nove mil guerreiros), hipotéticamente a cuarta parte dos visigodos e sobre un terzo dos vándalos, pero en realidade non pasa de ser unha atrevida especulación, carente de base firme, non obstante o cal se converteu en tópico historiográfico” (p. 36).

“A poboación galaica mellorara a súa situación fiscal e desligouse do poder anta entón vixente, simpatizando co que agora se establecia” (p. 37).

“No medio rural seguramente tiña xa lugar unha fragmentación de poderes, anuncio do feudalismo, con zonas dominadas por terratenentes romanizados que evadían a xurisdicción sueva” (p. 42).

“A conversión do reino suevo ao catolicismo abría unha nova etapa nas relacións entre suevos e galaicos” (p. 45).

“Salta á vista o protagonismo de Martiño na reaparición documental de Galicia a mediados do S. VI., reflexo da súa relevancia na propia emerxencia histórica do Reino e no seu brillante de desenvolvemento durante esa centuria” (p. 62).

“Martiño era oriúndo de Panonia. Chegou a Galicia procedente de Oriente e colaborou na segunda conversión do Reino suevo ao catolicismo (p. 63).

“Non podemos perder de vista a influencia organizativa e cultural que Bizancio exerceu no século VI sobre Galicia” (p. 69).

“Na transmisión destes ámbitos parroquiais ata hoxe percíbese a solidez do cadro administrativo territorial creado pola monarquía sueva” (p. 72).

“Os Concilios suevos eran asembleas de carácter político-relixioso, cuxa capacidade executiva con respecto ás decisións reais descoñecemos. Os Concilios do reino suevo instituíron un modelo de funcionamento político continuado logo no reino visigodo de Toledo” (p. 77).

“Revélase unha intensa actividade intelectual, con centro en Dumio e en Braga, que irradia por Galicia en todas direccións” (83).

“Os máis antigos exemplares de arco de ferradura parecen situarse precisamente na gallaecia” (p. 88).

“En relación ao cambio, ao mundo visigodo, aos sectores populares o cambio político pasaríalles desapercibido” (p. 101).

“Residindo en Tui, Vitiza gobernou como rei sobre Galicia (p. 106). A implantación en Galicia do partido vitiziano facía innecesaria calquera acción militar” (p. 145).

“O minigio musulmán excluía, por definición, a Galicia” (p. 144)

“Nun distrito de Galicia, un señor local, talvez de nome Paio, decide actuar con excesiva autonomía frente a Córdoba(…) O poder encabezado por Paio non tiña nada de novo; sería a afirmación dun vello dominio territorial, reforzado con unilaterais atribucións xurisdiccionais en colisión coa tendencia centralizadora e hexemonista encarnada por Córdoba e coas perspectivas dos demais señores galaicos”.

“Falar no S. VIII dun reino de Asturias non pasa de ser un anacronismo pretencioso (p. 156). Podemos concluir que no territorio montañoso de Asturias se sucederon unha serie de señores territoriais dotados de funcións xurisdiccionais sobre os seus dominios exentos de ningunha outra pretensión” (p. 156).

“En Galicia triunfa o partido procarolinxio cando no ano 791 Alfonso accede por fin ao trono (p. 162). O modelo político seguido en Oviedo foi o carolinxio, non o visigodo” (p. 163)

“É clara a dimensión política do fenómeno xacobeo, na medida en que consolida o reino” (p. 165).

“Para o autor é forzado falar de monarquía antes de Alfonso II: “está recoñecido desde o S. IX o funcionamento do Concilio. Asamblea consultiva e xudicial político-eclesiástica” (p. 170).

“E aínda que dende o século XI fose lícito falar de Reino, non se debe esaxerar o seu grao de consolidación institucional” (p. 171).

“Con Alfonso II selábase a alianza monárquico-episcopal característica de todo o medievo galego” (p. 179).

“Os mosteiros constituían señoríos territoriais e moitos deles foran instituídos por familias de magnates” (p. 180).

“O neogoticismo revélase como unha ideoloxía elaborado no S. XIX, servíndose dos textos das crónicas asturianas” (p. 194).

“Podemos considerar o reinado de Alfonso III como o da fundación dun tipo de Estado mercante de tal nome” (p. 199).

“O límite oriental de Galicia entendida ata Navarra non ofrece motivo de discrepancia” (p. 217).

“Para os autores musulmáns, o termo “chaliquia” designaba a antiga Gallaecia” (p. 221).

“Os musulmáns denominaban Galicia a todo o territorio Cristián occidental” (p.226).

“O nome de España reservábase para o territorio islámico da Península” (p. 227).

“Galicia era o referente identificador do reino, non Asturias nin León” (p. 240).

“A única decisión aceptable é desterrar completamente e radicalmente o termo e significado de “reconquista” (p. 251).

“Nin ao norte nin ao sur do Miño ten a mínima significación falar de repoboación” (p. 271).

“A onomástica musulmá demostra a permanencia ininterrompida da poboación autóctona” (p. 282).

“Podemos xa adiantar (como se confirmará na documentación) a relevancia crecente do señorío frente á Monarquía, na evolución autóctona cara un modelo de sociedade plenamente feudalizada, contradicindo o tópico tradicional que proclamaba unha particular fortaleza e centralización da monarquía leonesa do século X” (p. 290).

“Ante o tradicional argumento dun territorio baleiro repoboado ao ritmo da reconquista, surxía a sorpresa dunha arte que destilaba trazos musulmáns” (p. 291).

“Non se pode dubidar que Sancha seguiu sendo raíña ata a súa morte, o 27 de novembro de 1067. Cremos, ademais, que ata ese instante ela foi a raíña titular do reino galego” (p. 332).

“Tras a negativa valoración de que foi obxecto o reinado de García, tachado de inepto e cruel, subxace talvez a frustración de non ter prosperado o que alguén percibiría como oportunidade histórica de creación dun reino estritamente galego” (p. 338).

“A actitude de Urraca implicaba a exclusión de Afonso Reimúndez e, en consecuencia, de gran nobreza galega que o apoiaba e custodiaba” (p. 368).

“A pretensión de rescindir a unidade política de Galicia con Castela non contaba co respaldo do alto clero galego” (p. 400).

“As élites galegas ficaron convertidas en subsidiarias ou partícipes dun poder político alleo” (p. 427).

Sancha, Urraca.