Historia de Galicia que lle dedica un apartado ao Reino de Galicia.
“Neste libro tratamos de refletir a aventura dunha nación histórica: como se formou, como se poboou, as súas lendas, os seus costumes, o seu esplendor, as súas xentes, as súas actividades… unha nación, á que recentemente se lle viron limitados os seus dereitos e libertades” (p. 12).
Autor
Nado en Bande, Ourense, 1972. Licenciado en Historia pola Facultade de Humanidades de Ourense. Profesionalmente traballa no mundo da arqueoloxía dende 1988. Publicou o libro Os foxos do lobo. A caza do lobo na cultura popular, coa Editorial Canela no 2010.
Publicación
Pontevedra, Ed. Cumio.
Perspectiva historiográfica
Divulgación.
Fontes
Bibliográficas.
Concepción do Reino de Galicia
“Entre os séculos XI e XII prodúcese no Reino de Galicia unh auténtica eclosión da caza do lobo, unha efervescente roleira colectiva sen parangón a nivel mundial, que culmina coa construcción de centos de trampas de lobos por todo o reino para argallar unha implacable persecución contra o animal” (p. 142).
“A lírica galega convértese no reflexo dunha sociedade dun gran avance cultural, con moreas de autores de cantigas que poboan as prazas de cidades e vilas, de xograres e trovadores, convertendo ao galego no idioma de moda do momento; cautivando mesmo ao monarca Alfonso X O Sabio que escribe a súa obra poética en galego” (p. 145).
“As conspiracións da nobreza galega contra o dominio castelán do país son tan constantes como infrutuosas; unha delas provocará un dos episodios máis románticos da Idade Media, o namoramento entre o infante portugués Pedro e Inés de Castro, que será raiña despois de morta” (p. 150).
“Pero o Marechal (Pedro Pardo de Cela) merece un apartado, como defensor dos dereitos da nobreza de Galicia fronte á imposición do estado moderno dos reis Católicos, que beneficiaba a bispos e grandes señores estranxeiros” (p. 155).
Papel das mulleres
Inés de Castro.