Historia y antigüedades del Reino de Galicia // Las grandezas y antigüedades del Reino de Galicia

XVII

Francisco Trillo y Figueroa

Este poeta e cronista naceu en Ares entre 1618 e 1620 e pénsase que morreu en Granada en 1680. Fillo de José de Trillo e Figueroa e de Juana Flores de León, o pai era descendente dunha familia de fidalgos dedicada á administración e ao exercicio das armas. Trasladouse a Granada coa súa familia tras unha herencia do seu tío. Non hai moita máis información biográfica sobre este autor. 

Entre as súas obras destacan o Epitalamio en las felicísimas bodas de los señores don Francisco Ruiz de Vergara y Álava, y doña Guiomar Venegas de Córdoba, hija de los señores condes de Luque publicado en 1649, o Epitalamio al himeneo de don Juan Ruiz de Vergara y Dávila, señor de Villoria, y doña Luisa de Córdoba y Ayala, hija de los señores marqueses de Valenzuela publicado en 1650 e o Panegírico natalicio al excelentísimo Señor Marqués de Montalbán y Villalba publicado en 1650.

Historia xeral de Galicia en estado de desaparición.