Historia de Galicia

1653

Benito Vázquez

A historia de Benito Vázquez é unha narración cronolóxica da historia do Reino de Galicia dende os seus primeros poboadores ata o período suevo. Está dividido en dous libros:

A) un primeiro libro formado por 32 capítulos, nos que se describe xeográficamente o Reino de Galicia e se narra dende os seus primeiros poboadores ata a súa conquista polo emperador Augusto;

B) un segundo libro formado por 39 capítulos, nos que se narra a chegada a Galicia do apóstolo Santiago e dos suevos.

Actualmente, conservase un fragmento manuscrito do texto no arquivo da Real Academia Galega na cidade de A Coruña. Non obstante, o manuscrito finaliza a súa narración coa morte de Constantino no ségulo IV, antes da invasión sueva.

Benito Vázquez naceu na diócese de Ourense en 1618 e durante a súa vida foi profesor en varios colexios da Compañía de Xesús. Entre os anos de 1651 e de 1658 exerceu como mestre de Gramática e Artes no colexio de Santiago de Compostela, e dende 1655 foi o seu reitor. Posteriormente, a partir de 1658 residiu en varias vilas de Castela entre os xesuítas de Medina, Villagarcía de Campos, Salamanca e Valladolid, a cidade onde faleceu no ano 1684.

Historia xeral de Galicia en estado de desaparición.

Historiografía barroca.

Historia xeral de Galicia conservada de xeito parcial.