Grandeza e decadencia do Reino de Galicia

1957

Emilio González López

“Galicia é un país creador de mitos e o meirande que creóu foi o da tumba do Apóstolo”

A obra de Emilio González López consiste nunha historia de diferentes feitos políticos e dinásticos acaecidos en relación ao territorio galego durante a meirande parte da Idade Media. Tras describir a ascendencia celta e romana de Galicia, o texto explica a monarquía sueva e interpreta a relación de diferentes reis, alto e plenomedievais, con Galicia. Destacan figuras como Alfonso II, Don Raimundo, Diego Xelmírez, ou Alfonso X. Tamén se teñen en conta fenómenos culturais, no caso da poesía galego-portuguesa, e sociais, como o auxe das cidades nos séculos XII e XIII.

O texto compónse de capítulos breves dedicados a un evento ou personaxe. Con todo, pódense distinguir varios núcleos: 

1) a monarquía sueva (cap. VIII)

2) Galicia no reino asturiano (caps. VIII-XIII)

3) a monarquía leonesa e Galicia (caps. XIV-XXIII)

4) Galicia e Castela (caps XXVI-XLV)

5) Fernando II, Alfonso IX e Galicia (cap. XLVI Alfonso IX (caps. XLVI -LXV)

6) Fernando III e Galicia (caps. LXV-LXVII)

7) Alfonso X e Galicia (caps. LXVIII-LXXV).

Emilio González López (1903-1991) foi un xurista, historiador e político galego. Pertenceu a asociación políticas galegas durante a II República, exíliase a Nova York tras a Guerra Civil, exercendo de profesor de lingua e literatura española nesa mesma cidade. Publicou unha extensa obra tanto en materia xurídica, como histórica, especialmente en historia de Galicia. A súa obra Grandeza e decadencia do Reino de Galicia, foi publicada en castelán en 1957, traducíndose ao galego en 1978.”.

Historia política.

Ramón Menéndez Pidal, Luís García de Valdeavellano, Francisco Elías de Tejada, Vicente Risco, Benito Vicetto, Justo Pérez de Urbel, Antonio López Ferreiro.

Segundo apunta Emilio González, o mundo suevo sería central na formación de Galicia, destacando a temprana conversión ao catolicismo:

“O mundo suevo, establecido en Galicia, cortóu de cheo as súas raizames cos outros pobos xermánicos de Europa e botóu unas novas no chan de Galicia enxertándoas no vello albre da súa vida social e cultural galaicorromana, sobre todo a partir do reinado de Requiario (448), cuia conversión ao catolicismo servíu para que se levara a cabo xa a mediados do século V a fusión dos diferentes elementos raciáis da poboación galaica, sobre todo os visigodos, que non se levóu até o reinado de Recaredo (586), e a dos francos até o de Clodoveo (503) a comezos do século VI” (p. 47).

Figuras como Idacio, Prisciliano e Martiño de Dumio serían características do universo cultural suevo:

“Galicia, que tivo un notable frorecemento cultural a comezos do século V, truncado polas invasión dos pobos xermánicos, voltóus a renacer culturalmente a mediados do século VI. Estes dous momenots do esperatar cultural galego un a comezos do século V e outra a mediados do VI, contradín a tesis de Américo Castro de que ‘Galicia… no tuvo significación perceptible bajo los romanos ni en la época visigoda”. Tívoa e moi brillante a fins do imperio romano con Orosio e Idacio; e co movimento relixioso do que Prisciliano foi un símbolo. E volveuna ter na época sueva, antes de que os visigodos a conquistaran, a mediados do século VI (…). Si San Isidoro de Sevilla (570-636), San Braulio de Zaragoza (+ cara o 646), San Euxenio, San Ildefono e San Xulián (…), son notables figuras da Eirexa e das letras españolas, tamén o é, e antes que eles cronolóxicamente, San Martiño de Dumio u de Braga, que gobernóu a eirexa metropolitana de Braga na época dos concilios nacionáis suevos”. (p. 67)

Para o autor, Galicia sería unha forza importante durante a expansión territorial cristiana:

“Na primeria etapa da monarquía asturiana os reis asturianos non exerceron un verdadeiro poder real sobre o territorio galego, e as contínuas rebeldías dos condes galegos contra o rei asturiano eran a expresión do carácter un tanto libre destas relación. En troque, a partir do reinado de Alfonso II o Casto, a política galega, aceitando ao rei de Asturias como caudillo do noroeste cristiano, tenciona poner no trono de Oviedo un monarca favorable á causa galega (…)” (p.74).

Emilio González López cre que a tumba do Apóstolo Santiago é un mito fundacional de Galicia, que mestura elementos cristiáns e celtas:

“Galicia é un país creador de mitos e o meirande que creóu foi o da tumba do Apóstolo, entendendo por mito o convertir un sucedo histórico nunha chama eternamente viva do esprito dun pobo. Para crear o mito arrodeuno de vellas léndas célticas e novas cristianas: as célticas do Pico Sacro, cos seus bosques e fontes sagras, centro do druidismo galego, según o historiador da Eirexa compostelana Antonio López Ferreiro (…)” (p. 86).

“Coa monarquía leonesa, Compostela foi cada vez máis un dos centros relixiosos e políticos da España cristiana. Américo Castro, no seu excelente estudio España en su historia, sinalóu o extraordinario valor que tivo o mito de Santiago no progreso da Reconquista: na loita entre cristianos e infiéis, entre árabes e españois”.(p.96)

A importancia da basílica compostelá na coroación de reis:

“(…) para a nobreza e o clero galego, así como tamén para o resto da poboación galega, tivo a basílica compostelana unha especial significación que non lle reconoceron nin os reis asturianos nin os leoneses pero sí os reis galegos: a de ser a eirexa da coronación na que se consagraron os reis que foron aclamados como tais reis de Galicia.

O rei de Galicai para ser tido por tal, tiña que ser consagrado na basílica compostelana coa bendición do Apóstolo patrón de Galicia; así o foi Sancho Ordóñez no 926 polo bispo Hermenexildo, ao repartírese o gobernó do reino de León co seu irmán Alfonso IV o Monxe, fillo coma el de Ordoño II (…). E xa no século XII, anos máis tarde, foi coronado rei de Galicia Alfonso Raimúndez na basílica compostelana (1111) polo famoso prelado de Compostela D. Diego Gelmírez en presencia de toda a nobreza de Galicia”. (p. 120)

Os mosteiros benedictinos como novidade:

“Esta poderosa aristocracia galega, unida á nacente e ascendente portuguesa da frontera do reino de Galicia co árabe, axudaba ou rebelábase contra os Reis de León, según conviñera aos seus intereses, ergueron estes mosteiros benedictinos contra da tradición da época galaicoxermánica que era a propia da nos aterra, inspirada e alentada pola régoa de San Frutuoso. Esta aristocracia poderosa volvéu entón as costas á tradición monacal xa moi antiga de Galicia; e deixouse levar polos novos modelos benedictinos, máis europeos e modernos, e tamén pola vella tradición visigoda isidoriana do sur de España, traguida a León polos mozárabes e polos modelos carolinxios franceses” (p. 133).

Sobre o Rei Don García:

“O Rei Don García, favorecido por Fernando I co goberno de Galicia e Portugal, é xuzgado con severidade e con falal de simpatía pola meirande parte dos historiadores. En realidad máis que un mal Rei foi un Rei desditado que tivo que lloitar contra dous irmáns máis poderosos e ambiciosos que el, empeñados en acrecentear os seus respectivos reinos a expensas doutros e paritcularmente a expensas do de Don García. Nos poucos anos (1065-1071) que gobernóu en Galicia e Portugal, loitando contra levantamentos no interior do seu reino provocados polos seus irmáns, Don García revelóu dotes de bó gobernante, preocupado polos problemas máis importantes do seu reino (…)” p. 161.

O bispo compostelán Diego Peláez e Galicia:

“Esta primeira rebelión galega era máis feudal que expresión dun movemento independentista. Pero de a pouco foise incubando en Galicia un movemento máis fondo que aspiraba a facer de Galicia unha nacionalidade hispánica independente. O seu caudillo era o bispo compostelán Diego Peláez, que é unha das personalidades máis ilustres da nos aterra, auténtico restaurador de Santiago de Compostela e iniciador da súa grandeza” (p. 173).

A influencia de Benito Vicetto e Vicente Risco en Emilio González López:

“Os historiadores galegos desde Benito Vicetto, no pasado século, até Vicente Risco, no nosos días, conscientes da verdade histórica e do carácter fondamente galego que tivo o no reino galego-leonés dan preferencia a Galicia ao estudiar os reinado des de Fernando II e Alfonso IX” (p. 253).

A influencia de Galicia na historia de España:

“É Galicia, animadora da cultura formada nestes dous reinados, a que dá contido e valor a este reino, chamado de León, nos manuáis correntes de Historia de España Ese reino de Galicia e León foi na segunda mitade do século XII e na primeira do XIII o centro creador no que madurecéu grande parte da cultura herdada por Casatela, un pouco máis tarde, na segunda mitade do XIII, nos reinados de Fernando III o Santo e Alfonso X o Sabio, que representan un dos períodos máis brillantes da historia española” (p. 202)

A importancia da poesía galego-portuguesa:

“Dúas son as grandes aportacións galegas á cultura europea do Medioevo, de fins da Alta Edade Media e comezos da Baixa Edade Media: a arquitectura románica e con ela a escultura da basílica compostelana e doutras catedráis, eirexas e mosteiros galegos desde fins do século XI a mediados do XIII, é decir, no derradeiro período da Alta Edad Media española e comezos da Baixa; e a poesía lírica e satírica dos cancioneiros cuio frorecemento, nos reinados de Fernando III e Alfonso X o Sabio, é un algo máis serodio que o da arquitectura (…)” (p. 345).

“Co reinado de Dona Urraca ábrese un dos peíodos máis torboentos e confusos da historia de España polas guerras civís e loitas políticas que nel se desenrolaron”. P. 197

“A unión de Castela e Aragón, na que éste levaba a parte leonina, cun Rei aragonés destemido e ambicioso e unha Raíña castellana andarega e casquivana, veu consumara a política castellano-navarra de relegar a Galicia ao seu recanto montañoso no noroeste da península, truncando as esperanzas que tiña postas a nobreza galega no infante Don Afonso Raimúndez, presunto sucesosr até entón da cora castellana; cortando tamén as aspiracións da mitras compostelana, que se vía desplazada por Toledo nas súas pretensións a ser a primada das Españas; e vencida por Braga como metropolitana de Galicia e mesmo desafiada pola lonxana Tarragona a figurar entre as primeiras eirexas da península” (p. 201).

Urraca, Xelmírez e Alfonso Raimúndez:

“Trunfaran en Galicia os partidarios de Alfonso Raimúndez. Dona Urraca volvéu a Castela sin ter podido reducir a Galicia ao seu dominio” (p. 211)

A contribución das mulleres á poesía:

“O carácter popular colectivo desta poesía lírica revélase na importante contribución que tiveron nela as mulleres, máis na súa presentación, por meio do canto e do baile, que na súa composición, inda que non faltaron tamén compositoras, como as soldadeiras que acompañaban ao exército, das cales qeudounos a viva lembranza de María Balteira, que entolecéu, máis coa súa persona que coa súa poesía, a máis de un poeta” (p. 354).

As infantas dona Sancha e dona Dulce:

“O reino de Galicia volvíase incorporara ao de Castela. En Benavente entrevistouse o Rei Don Fernando coas súas irmás as infantas Dona Sancha e Dona Dulce, ás que lles concedéu unha renada dunhas trinta mil pezas de ouro. As infantas retiráronse a Galicia onde o seu irmán lles reconocéu algún señoríos coas súas rendas. Algúns señores galegos, partidarios das infantas, forzados por elas a entregar as fortalezas que tiñan no seu nome, preferiron expatriarse. Con eles comeza o éxodo dos nobres galegos que se negan a reconocer na súa terra a soberanía do Rei de Castela. Para satisfacer aos veciños de Santiago de Compostela, que era daquela o foco da resistencia galega, Fernando III tivo que lles reconocer certos costumes vencendo a oposición do arcebispo Don Bernardo, que se negaba a elo” (p. 365).