Galicia medieval

1995

José Miguel Andrade Cernadas e Francisco Javier Pérez Rodríguez

“O nacemento do reino de Portugal no século XII é un feito capital para a historia de Galicia”

Ten unha estructura en cinco capítulos: A Galicia xermánica, a Galicia altomedieval, a plenomedieval, a baixomedieval e os Reis Católicos.

“O obxectivo do presente traballo é ofrecer unha visión o máis global e actualizada
posible da historia medieval de Galicia (…) non aspiramos senón a ofrecer un punto de
vista complementario sobre a sociedade galega ao longo da Idade Media (p. 7).

“O primeiro e segundo capítulo son obra de José Miguel Andrade Cernadas, mentres o
resto do volume é obra de Francisco Javier Pérez Rodríguez” (p.7)

José Miguel Andrade, profesor titular de Historia Medieval no Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse por esa universidade coa tese “O monacato benedictino e a sociedade da Galicia medieval: século X ao XIII” (1992). Completou a súa formación con estancias en diferentes centros de investigación, entre outros, a Universidade Nova de Lisboa ou o Warburg Institute da Universidade de Londres. Formou parte de diferentes proxectos de investigación con financiaciones das principais institucións nacionais e autonómicas. 

As súas liñas de investigación principais céntranse na historia medieval do reino de Galicia con singular énfase nas manifestacións monásticas. Nelas traballou desde diferentes puntos de vista: edición de fontes, obras de sínteses ou traballos de investigación propiamente devanditos. A maior parte destas achegas centráronse na análise do monacato altomedieval e das casas benedictinas. Outras liñas de traballo teñen que ver coa historia das mentalidades e da cultura, o estudo das peregrinacións a Santiago de Compostela e, máis recentemente, a documentación xudicial da Galicia altomedieval.

Ao mesmo tempo, foi Secretario da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, Coordinador do Grao de Historia e Coordinador Académico do Máster interdisciplinar en “Estudos Medievais Europeos; imaxes, textos e contextos” da Universidade de Santiago de Compostela.

Algunhas publicacións:

(con Anselmo López Carreira), O Reino medieval de Galicia: Crónica dunha
desmemoria, Xerais, 2020.

Alfonso II el Casto, Nigra Trea, 2009.

El monacato benedictino y la sociedad de la Galicia medieval (siglos X al XIII), Ediciós do Castro, 1997.

Monxes e mosterios na Galicia medieval, Universidade de Santiago de Compostela, 1995.

Las transformaciones de la sociedad gallega de los siglos XI al XIII: el papel de los monjes negros, Universidade de Santiago de Compostela, 1993.

Lo imaginario de la muerte en Galicia en los siglos IX al XI, Ediciós do Castro, 1992.

Máis información:

https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=169546


Francisco Javier Pérez Rodríguez (Ourense, 1964) Profesor de Historia Medieval da Universidade de Vigo desde 1995. A súa investigación céntrase na historia medieval do reino de Galicia entre os séculos XII e XV, en especial nas súas institucións eclesiásticas, dedicándose tamén á edición de fontes. Entre os seus traballos máis recentes pode destacarse a Colección documental de la catedral de Ourense (2010), en colaboración con M. B. Vaquero, La villa de Monterrei y su tierra (siglos x-xix) (2015) e Los monasterios del reino de Galicia entre 1075 y 1540: de la reforma gregoriana a la observante (2019).

Outras publicacións que poden destacarse son:

A Galicia Medieval¸ volume 3 da Historia de Galicia da editorial Vía Láctea (1995, en colaboración con J.M. Andrade);

O cabido de Santiago de Compostela na Idade Media (1100-1400) (Santiago de Compostela, 1996)

E varios traballos sobre distintos mosteiros medievais galegos, tanto en xeral (Mosteiros medievais de Galicia. Guía histórica, Ourense, 2008) como en particular (O mosteiro de Toxosoutos na Idade Media. Séculos XII e XIII, Sada, 2001).

Máis información:

https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=248934

A Coruña, Ed. Vía Láctea.

Nova historia socioeconómica e política.

Bibliográficas e documentais.

“A difusión do movemento priscilianista no noroeste peninsular antinxiu tal magnitude que, a principios do século V, en medios eclesiásticos, ser natural desta parte da Hispania equivalía a ser considerado como sospeitoso de priscilianista (p. 16).

“Non sabemos apenas nada sobre a dominación musulmana de Galicia, salvo que se produciron algunhas conversións entre os indíxenas e que estes pagaron tributos aos novos señores” (p. 23).

“Esta integración de Galicia no Reino de Asturias completarase durante o século IX da man de monarcas como Alfonso II” (p. 24).

“Este poder da aristocracia galega sobre a monarquía vaise prolongar ao longo de todo o século X. Tras unha nova fragmentación do reino –na que Sancho Ordóñez se encarga de Galicia-, este se reunifica con Ramiro II” (p. 26).

“Na Galicia altomedieval atopámonos cunhas realidades relativas á ocupación e á explotación do espacio rural que, a grandes rasgos, van manterse en Galicia prácticamente ata os nosos días” (p. 28).

“As circunstancias políticas e sociais derivadas da conquista musulmana, e da desaparición do reino visigodo, converteron a Galicia altomedieval en terra de inmigración” (p. 29).

“Uns campesinos que, con utilizarmos un termo tan xenérico, na realidade constitúen un grupo moi heteroxéneo. Heteroxeneidade que é, en primeiro lugar, xurídica, xa que cómpre distinguir entre os campesinos libres ou inxenuos, e os servi ou non libres xurídicamente” (p. 37).

“¿Por qué esa identificación do corpo do edículo parecer ter sido tan inmediata? Noutras palabras, ¿Qué é o que fai posible defender a principios do século IX, nun lugar da Galicia occidental, que o corpo do apóstolo Santiago fora enterrado alí?” (p, 42).

“O nacemento do reino de Portugal no século XII é un feito capital para a historia de Galicia no sentido de que é precisamente entón cando o mesmo reino galego alcanza prácticamente os seus límites definitivos, tal e como o coñecemos hoxe” (p. 61).

“Tanto o rei de Galicia como o seu irmán Alfonso VI continuarán a política inaugurada polo seu pai de apoio á baixa nobreza, que será a que se faga co control do territorio e que ofrecerá os seus servicios a Hernique de Borgoña e á infanta Tareixa cando sexan nomeados condes de Portugal” (p. 62).

“Alfonso X, como xa ficou dito, soamente chegará ata Monterrei en 1281, sendo esta a súa única aparición por Galicia” (p. 79).

“Para esta intensificación da producción agrícola foi esencial a mellora dos apeiros de labranza (…) o cultivo do cereal é o principal e básico da Galicia medieval posto que o pan é un alimento fundamental no sustento tanto de señores como de campesinos” (p. 83).

“Se a pesca fluvial estaba xa desenvolvida na época altomedieval, a marítima deberá esperar ao século XII para comezar o seu verdadeiro despegue, que será espectacular a partir de 1150” (p. 91).

“A villa, como sinala E. Portela, componse de varios elementos: casas, hortas, terras de labor e espacios de monte ou bosque” (p. 94).

“Nos últimos anos, os historiadores sinalaron como a cidade nace, se desenvolve e se imbrica perfectamente na sociedade feudal, feito que destacaron M C. Pallares e E. Perotela no ámbito galego” (p. 112).

“A principios do século XI só existía en Galicia un núcleo que pode ser considerado urbano: Santiago de Compostela que, como demostrou F. López Alsina, funde as súas raíces na época altomedieval” (p. 113).

“Na comentada teoría das tres ordes, é a eclesiástica, a dos oratores, a primeira e máis destacada en tanto lle corresponde o poder espiritual e, en consecuencia, está en relación coa Divindade” (p. 141).

“En consecuencia, nada podemos dicir sobre a presencia hebrea en Galicia entre o ano 1000 e finais do século XIII, cando comenzan a aparecer datos sobre esta cuestión” (p. 158).

“Sobre os cistercienses: “Os monxes brancos se encontraron aquí coa existencia dunha corrente eremítica que gardaba unha certa relación co pasado monacato visigótico” (p. 167).

“Como no resto de Europa, as fames repetíronse de forma cíclica, aínda que non sempre coincidiron estas calamidades no continente coas da Península” (p. 207).

“E sen embargo, en 1431 cando por primera vez se oen en Galicia as voces descontentas dos campesiños contra os seus señores. É a que se chamou primeira guerra irmandiña e que tivo lugar nos dominios dos Andrade” (p. 269).

Tanto burgueses como campesiños toman así conciencia dos problemas que sofren por mor dos enfrontamentos da aristocracia e das súas continuas esixencias. A inexistencia de xustiza, a inseguridade e as constantes aldraxes cometidas por nobres e cabaleiros desde as fortalezas provocan que aos poucos se cree a necesidade de impoñer unha situación estable que poña fin á que se atravesa neses momentos” (p. 275).

“Unha vez aberta a guerra de sucesión, Pardo de Cela abrazará afervoadamente a causa dos Reis Católicos” (p. 317).

“Pero o gobernó dos Reis Católicos fará algo más que reintegrar a Galicia plenamente no panorama fiscal da Coroa: á parte de cartos, o noso reino converterase tamén en canteira de homes que loiten nas mesmas empresas guerreiras que se financian cos impostos marcados polo Estado” (p. 339).