Autor
Natural de Palencia, Pedro González de Acevedo foi bispo de Ourense e de Plasencia. Estudou Gramática en Media de Rioseco e logo continuou en Alcalá, e, sendo cura do seu pobo, ingresou no colexio de Oviedo na Universidade de Salamanca, na que foi catedrático de Artes e sustituto da cátedra de Filosofía Moral. En 1574 gañou a lectoralía de Sigüenza e en agosto de 1579 a maxistral de Plasencia, incluso o presentou, en 1587, Felipe II para bispo de Ourense e foi preconizado no consistorio no mesmo ano. Finou en Plasencia en 1609 aos 77 anos.
Entre a súa obra podemos destacar textos como Del origen de la lengua materna y sus vocablos, Impugnación del Apologético de León de Castro, Observaciones in diversa loca Sacrae Scripturae, Concordia de la Vulgata con el original. De diis Pentium et idolis quae recensentur in Sacra Biblia, Símbolos con que Dios hizo sus revelaciones a los profetas.
Tipo de Historia do Reino de Galicia
Historia xeral de Galicia en estado de desaparición.