A formación do Reino de Galiza (711-910)

2010

Xosé Antonio López Teixeira

“Xa no século XII, a expresión reino de Galiza pode utilizarse para aludir ao reino, composto xa polo territorio actual”

Repaso cronolóxico da conformación do Reino de Galicia dende as orixes da Idade Media ata Alfonso III.

“O presente traballo ten como obxectivo fundamental a análise, en detalle, da conformación do Reino de Galiza na luzada da Idade Media” (p. 5).

Licenciado en Xeografía e Historia pola USC e profesor no IES Santa Irene de Vigo. A súa liña de traballo refírese á conformación do Reino de Galiza. É autor do libro Arredor da conformación do reino de Galicia (711-910) e Reis, series e liñaxes galegas nos séculos VIII e IX. Cara a unha nova interpretación histórica das orixes, Noia (A Coruña), 2003. Ademais ten outras obras na súa autoría, como As orixes políticas do reino de Galicia. Usurpadores e tiranos {1999), Arredor do ”Regnum Christianorum” dos Galegos (2000) ou A reconstrucción político-institucional do reino de Gallaecia (2001).

É colaborador habitual en revistas de investigación e pensamento e tamén nos suplementos culturais de xornais.

Noia, Ed. Toxosoutos.

Historia política.

Bibliográficas e documentais.

“A expresión reino de Galiza pode utilizarse, en primeiro lugar, para referirnos ao territorio conformado polos antigos conventos lucense e bracarense (…). Tamén pode utilizarse para considerar ese mesmo territorio, ampliado coas conquistas feitas aos musulmáns (…). Xa no século XII, a expresión reino de Galiza pode utilizarse para aludir ao reino, composto xa polo territorio actual” (p. 15).

“O proceso de identificación dos galegos coa institución monárquica coñeceu un significativo avance durante os reinados de Mauregato” (p. 123).